# NÚMERO 15  |  MARZO 2007  |   EDICIÓN WEB


Contenido:

>Realidade socioeconómica do concello de Salceda de Caselas

>O Proxecto Conta con Elas en Salceda

>Entrevista a Irma Álvarez, xefa do departamento de orientación do IES “Pedras Rubias”

>Mulleres que nos fan iguais

 
Realidade socioeconómica do concello de Salceda de Caselas

No período que vai entre 1996 e o 2001, o concello de Salceda de Caselas experimentou un forte crecemento nas súas taxas de actividade e ocupación debido ao aumento producido nas cifras de poboación, que se traduciu nun aumento da poboación maior de 16 anos, pero sobre todo nun aumento da poboación ocupada. Isto fixo que as taxas do concello se situasen por riba das taxas da Area Metropolitana de Vigo, Pontevedra e Galicia.

Na taxa de actividade por sexo pódese apreciar as diferenzas que hai entre a poboación masculina e feminina do concello. Así mentres que para as mulleres o número de inactivas e maior có de activas, para os h...(Continúa)
 
 
O Proxecto Conta con Elas en Salceda

O Mes da Igualdade do Proxecto Conta con Elas comezou as súas actividades en Salceda coa presentación que levou a cabo o alcalde José Manuel Fernández Rodríguez, o concelleiro de Cultura Jaime Rodríguez, e a deputada provincial Nidia Arévalo o día 20 de marzo ás 12 da mañá na Casa do Concello.
O Bus da Igualdade permaneceu en Salceda do 20 ao 26 marzo, e as actividades paralelas desenvolvéronse desde o 22 ao 29 do mesmo mes. Durante eses días houbo obradoiros da igualdade, tanto para persoas adultas coma para nenos e nenas en idade escolar. Tamén tivo lugar un cinefórum sobre a película “Quero ser como Beckham” e unha me...(Continúa)
 
 
Entrevista a Irma Álvarez, xefa do departamento de orientación do IES “Pedras Rubias”

Irma Álvarez é profesora da especialidade de psicoloxía e pedagoxía . O seu cargo é de Xefa do departamento de orientación, e como tal non imparte docencia directa ao alumnado, excepto para desenvolver plans e programas na hora presencial da titoría.

Como tedes enfocada a igualdade de oportunidades no IES "Pedras Rubias"?
A igualdade de oportunidades é un tema transversal e polo tanto recorre tódalas áreas curriculares e os departamentos didácticos. É tamén un obxectivo no Plano Anual de Centro. O departamento de orientación organiza dende o curso 2005-06 unhas xornadas que levan por título: Ciclo de Charlas " Día d...(Continúa)
 
 
Mulleres que nos fan iguais

O 22 de marzo ás 8 do serán tivo lugar a mesa de visibilización na Casa do Concello de Salceda. Participaron catro mulleres que traballan ou traballaron en sectores masculinizados. Paula traballa como canteira e tamén nun serradoiro de pedra. Para ela, foi un choque de mentalidade xa que ela viña de Alemaña e estaba acostumada a que as mulleres estiveran en todos os sectores. Margarita é albanela e colocadora de pladur. Cristina agora mesmo traballa no seu propio negocio pero estivo anos como soldadora.
Guadalupe, a máis xove, traballou no Exército profesional como oficial de maquinaria na Mariña e agora traballa como oficial de m...(Continúa)