|
 |
 |
# NÚMERO 6 | JUNIO 2007 | EDICIÓN WEB
|
Contenido:
|
|
Inicio do curso para emprendedoras |
O Proxecto Conta con Elas presentará o luns 21 de maio ás 17.00 horas no Espazo da Muller Emprendedora (EME) o curso online de formación para emprendedoras “Emprender un proxecto de empresa”.
O Curso “Emprender un proxecto de empresa” ten unha duración de 100 horas e nel participarán 40 mulleres. O obxectivo é coñecer os métodos e estratexias necesarias de cara a conseguir o éxito na creación dunha nova empresa. O curso impartirase a distancia e titorizado desde o 21 de maio ao 27 de xullo.(Continúa)
|
|
|
|
Entrevista a Clara Rodríguez, dinamizadora dos cubos do Verbum |
Que é o que chama máis a atención aos nenos e nenas dos cubos de Conta con Elas?
O que chama máis a atención dos cubos de Conta con Elas é o xogo das ferramentas. No xogo deben identificar a quen corresponden os obxectos que van caendo na pantalla; a homes, mulleres ou ámbolos dous. A maior parte das nenas e os nenos cren que os traballos que requiren forza física non son para facer elas. É curioso xa que botan a rir cando lles falas dunha muller albanela ou camioneira. Os que coñecen algunha situación das anteriores reaccionan e confirman ao resto que si é posible porque eles o viron ou saben dalgunha muller camioneira,...(Continúa)
|
|
|
|
O Proyecto Conta con Elas está presente na Feira Enernova |
O Proxecto Conta con Elas está presente na feira sectorial Enernova, I Feira Internacional das Enerxías Renovables e o Medio Ambiente, que se realizará do 7 ao 9 de xuño no recinto do Ifevi de Vigo.
Dentro do recinto, Conta con Elas terá un stand de 24 metros cadrados no que se dará información sobre o proxecto e máis especificamente sobre as accións destinadas ás empresas e ao sector medioambiental.
A presenza de Conta con Elas na feira Enernova débese ao interese de acudir alí onde as empresas se encontran e darse a coñecer, especialmente ás empresas de sectores do medio ambiente, un dos eixes transversais do proxecto.
...(Continúa)
|
|
|
|
Conta con Elas financia a creación de cinco “Bancos do Tempo” en Vigo |
O Proxecto Conta con Elas adxudica á Federación Veciñal a posta en marcha de cinco secretarías de “Bancos do tempo” no concello de Vigo. O proxecto, nunha primeira fase, organizou o obradoiro de formación “Posta en marcha e mantemento de Bancos do Tempo” dirixido a representantes de asociacións de mulleres e asociacións veciñais da área de Vigo, que tivo lugar en febreiro.
Xa nesta segunda fase, Conta con Elas impulsa e financia a creación de cinco bancos do tempo na cidade de Vigo. Conta con Elas financia durante seis meses o funcionamento e cede o equipamento informático e material dos bancos do tempo. As sés que se c...(Continúa)
|
|
|
|
|
|