Galego

 

Inicio

Qué es Conta Con Elas

 

Agrupación de desarrollo
Equipo
Sedes
Qué es Equal
A quién va dirigido
Cómo colaborar
Publicaciones y Materiales
Noticias
Reportajes

Mujeres

Empresa

Instituciones

Sociedad

Igualdad de oportunidades

Medio ambiente

Nuevas tecnologías

Acción 3


Qué es Conta Con Elas > Noticias

Xornada final Transferencia de produtos, experiencias e resultados

O proxecto Conta con Elas clausura a súa actividade e presenta os produtos e resultados, despois de dous anos desenvolvendo accións na área de Vigo.
Nunha primeira mesa, Elena Rodríguez de CC.OO, Xerardo Abraldes da CIG e Olga Alonso de UGT, presentarán a Guía “Mainstreaming institucional e de xénero nos concellos da Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigoâ€, así como os resultados e logros acadados no marco de Conta con Elas.
Despois intervirán Ramón Búa da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Nidia Arévalo da Deputación de Pontevedra, Carlos Palleiro da Fundación Caixanova e Luz Varela e Coral del Río pola Universidade de Vigo, presentando as conclusións, produtos e resultados das súas entidades.
Nunha última parte da xornada, persoal técnico do Proxecto e representantes da Mancomunidade darán a coñecer os produtos máis significativos do Proxecto, presentando ademais un DVD recompilatorio de toda a actividade e no que se recollen as 26 publicacións desenvoltas por Conta con Elas.

Con esta xornada clausúrase o Proxecto Conta con Elas. A partir do 1 de xaneiro do ano 2008 toda a información que se presenta nesta xornada, así coma toda a información do proxecto, poderase consultar na súa páxina web: www.contaconelas.org, ou acudindo á web da entidade promotora do Proxecto(Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo): www.maiv.org


>> Archivo adjunto:
Programa_Xornada__final_Conta_con_Elas___18_decembro_2007.pdf (36 KB)

Subir


Contacto     Aviso legal     Privacidad     Mapa